Alfonso Zarauza (Maruxiña Film Company): “Trátase de surfear as dificultades”

Alfonso Zarauza (Maruxiña Film Company): “Trátase de surfear as dificultades”

Fai máis dunha década que os irmáns Alfonso e Rubén Zarauza decidiron montar a súa propia produtora baixo o nome de Maruxiña Film Company coa intención clara de poder rodar os seus propios proxectos con total liberdade creativa Falamos co director Alfonso Zarauza sobre estes comezos, “por aquel entón non existía o Novo Cinema Galego e nós tiñamos claro que queriamos facer un cinema máis autoral que non estaba presente no audiovisual galego”.

Desde Maruxiña Film Company desenvolven e producen proxectos de cinema de autor pero que poidan chegar a salas de cinema “non queremos que as películas queden só en festivais ou en museos de arte para un público exquisito, queremos que cheguen a un público máis amplo” (Alfonso Zarauza).

O 2020 foi o ano de “Ons”, a película que dirixiu o propio Zarauza, que segue cultivando éxitos como os 13 nomeamentos aos premios Mestre Mateo que se celebrarán o próximo 10 de abril. A película rodada integramente nas illa de Ons foi paso adiante para a produtora, que ata o momento participara sempre como produtora minoritaria en proxectos como “Os fenómenos”, así nolo conta Alfonso “Ons é é o primeiro proxecto que rodamos como produtora principal, aliámonos co produtor Xavi Font, e a verdade é que estamos moi contentos a nivel artístico, financeiro e corporativo”.

Na actualidade teñen dous proxectos entre mans, o primeiro deles é unha TV movie que leva por nome “ Malencolía” e que empezarán a rodar o próximo maio. E o segundo é unha nova longametraxe de ficción, “Islandia” unha coprodución que narra unha historia de amor futurista. A película atópase aínda en fase de desenvolvemento e será rodada entre Galicia e Islandia. 

A pandemia afectoulles sobre todo na difusión e visibilidade en medios da película “Ons”, en palabras de Zarauza: “o confinamento complicounos a distribución en festivais internacionais e nacionais, estreamos en Sevilla e no festival Marxes de Madrid, pero non puidemos asistir presencialmente e isto afectounos na visibilidade a nivel entrevistas que xa tiñamos concertadas con medios como O País ou RTVE.” Ao mesmo tempo, a pandemia permitiulles entrar en salas xa que había menos películas americanas, e mantivéronse en carteleira 6 semanas, “por unha banda perdemos e por outro gañamos, a verdade é que Ons foi unha viaxe poderosa, estamos moi contentos como se comportou a película a nivel crítica e público, e por iso estas trece nomeamentos aos Mestre Mateo son unha proba de todo o que conseguimos”. A película poderase ver en Filmin a partir do próximo 9 de abril.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies