AGAPI retoma a actividade con nova Xunta Directiva e moitos retos por diante neste 2022

AGAPI retoma a actividade con nova Xunta Directiva e moitos retos por diante neste 2022

A Asemblea Xeral de socios de AGAPI, celebrada en decembro do pasado ano, acordou apoiar por unanimidade a candidatura de Xunta Directiva para os vindeiros dous anos, presidida por Felipe Lage, produtor executivo en Zeitun Films. Estará acompañado por X. Lois Ledo de Nós Produtora Cinematográfica Galega como vicepresidente, Luisa Romeo de Frida Films como secretaria e Andrea Vázquez de Miramemira como tesoureira. Continuarán como vogais Ignacio Vilar de Vía Láctea Filmes, J. Antonio Velo de Ástrágalo Studio e Daniel Froiz de Matriuska. A maiores, estréase no cargo, Nati Juncal de Cósmica Producións.

Neste ano 2022 espérase a aprobación definitiva da nova Lei Audiovisual, unha norma na que desde AGAPI se levan meses traballando xunto co resto de Asociacións de produtoras do Estado en cuestións de suma importancia como a definición de produtora independente, as obrigas de investimento para as plataformas overthe-top (OTT) ou o papel que deben xogar as canles públicas de televisión. Cabe sinalar que ata o momento as reivindicacións do sector audiovisual independente foron desantendidas, tal e como se expresou públicamente nos medios.

AGAPI conta na actualidade con 30 empresas asociadas que representan a práctica totalidade da produción independente galega, este crecemento expoñencial en número de empresas enténdense en gran medida polo excelente momento creativo que atravesa o sector audiovisual, que debe verse acompañado de políticas públicas que garantan a súa consolidación no tempo.

Deste ano tamén se esperan novas medidas do Hub Audiovisual, tanto galego como estatal, entre as xa anunciadas en Galicia, unha segunda convocatoria de Axudas para a atracción de rodaxes ou unha nova liña de apoio ao desenvolvemento de paquetes de proxectos. A nivel Estatal, cabe sinalar a feliz nova da recuperación do chamado ‘Fondito’, un fondo extraordinario que xa funcionou entre os anos 2009 e 2011 para apoiar as linguas cooficiais, e que AGAPI levaba anos impulsando para a súa reposición.

Felipe Lage renova o seu compromiso por outros dous anos como presidente de AGAPI destacando que haberá que buscar o equilibrio na produción coas plataformas, entendendo que se o seu rol se convirte en demasiado dominante, o papel e traballo das produtoras independentes estará en xogo e arriscarase a perda de diversidade e pluralidade nos contidos.

AGAPI leva traballando desde o 1994 a prol do audiovisual galego sendo referente e interlocutor preferente de administracións, institucións e empresas en todas aquelas cuestións que afectan á produción audiovisual.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies