AGAPI presenta unha nova web agapi.gal con imaxe renovada

AGAPI presenta unha nova web agapi.gal con imaxe renovada

Con motivo dos 25 anos de AGAPI, cambiamos a web con novo deseño e novas funcións, agardando que
poida ser útil. A páxina pretende ser unha ferramenta viva ao servizo do sector audiovisual.


A Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi) presenta unha nova imaxe e unha nova páxina
web que conta coa Subvención no seu desenvolvemento e posta en marcha da Axencia Galega das
Industrias Culturais (Agadic).
Esta nova web está estruturada en apartados pensados para facela útil e operativa. Conta con un espazo
dedicado a socios cos contactos das empresas. O catálogo permite acceder ás últimas producións feitas
desde Galicia. Na revista están recollidas as novas de actualidade e formación, coa novidade dos
apartados Informes e Anuarios que buscan dar acceso con datos cualitativos a todo o sector. Inclúe tamén
un apartado de emprego para a publicación de ofertas de traballo. Permite ao público xeral subscribirse
para recibir un boletín periódico de noticias e avisos, así como a opción de facer unha candidatura
espontánea de envío de cv que quedará a disposición dos produtores asociados.
Agapi.gal contén a maiores unha área privada de acceso restrinxido a socios con documentación e
informes.
A imaxe e o deseño da cabeceira correu a cargo da ilustradora e artista, Iria Prol e o desenvolvemento da
web foi traballo de Explica Ingenieros.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies