Falar de Agallas Films é falar de Galicia, mulleres e proxectos comprometidos coa historia. Fai dez anos que Paula Cons e Juan de Dios Serrano, entraron no panorama audiovisual galego apostando por un equipo pequeno implicado en facer proxectos propios e realizando un traballo artesanal.
Paula Cons, é a directora de contidos de Agallas Films e acaba de terminar a rodaxe de “O Santa Isabel”, a súa nova longametraxe que asina tamén como guionista. Unha coprodución entre Galicia, País Vasco e Arxentina rodada na Illa de Sálvora e protagonizada por Aitor Luna, Nerea Barros e Darío Grandinetti.
2 de xaneiro de 1921 o buque transatlántico Santa Isabel afundiuse a 200 metros da Illa de Sálvora (A Coruña), perderon a vida máis de duascentas persoas. Aquela noite tres mulleres de tan só 14, 16 e 24 anos convertéronse en heroínas ao conseguir salvar a vida de varios pasaxeiros. María, Josefa e Cipriana son as verdadeiras protagonistas desta historia, tres
mulleres ás que historia esqueceu como a moitas outras.
Cando preguntamos Paula pola rodaxe dinos que “as rodaxes son pequenos milagres, aínda que leves ben atado, o máis fácil é que todo se complique. Con todo, o vento e o mar comportáronse e todo saíu como esperabamos, grazas en gran parte ao equipo que había detrás da película que se implicou desde o primeiro momento coa historia”.
A produtora que comezou a súa andaina en 2009, foi crecendo paso a paso e desde as súas oficinas cóntannos que senten orgullosos de todos os seus proxectos, pero quizais “A batalla Descoñecida” é o que máis alegrías lles deu. O documental narra a batalla do wolframio que libraron os Aliados contra España durante a II Guerra Mundial, e tivo unha gran acollida tanto a nivel nacional como internacional.
Son moitos os que afirman que o audiovisual galego pasa por un momento creativo único e Agallas Films súmase a esta afirmación: “Isto non flor dun día nin unha casualidade, Galicia ten un sector audiovisual moi forte, hai moito motivos pero en parte é por ter unha televisión autonómica propia como é a TVG, ao final é como a escola e o gran cliente, e polo apoio imprescindible de Agadic, isto axuda a crear unha industria sólida ao redor. Contamos ademais con actores e profesionais incribles que poden formarse aquí, e sobra dicir que a nosa terra é un lugar incrible para rodar”.
Outro dos puntos que valoran desde a produtora é a colaboración que existe entre o resto de profesionais do sector, dalgunha maneira os acertos duns salpícannos e benefician todos. “Cando unha serie como Fariña alcanza a repercusión mediática ou Vaca Films lanza proxectos como Celda 211 a xente ve que en Galicia contamos cunhas localizacións incribles e cun equipo profesional para rodar proxectos de altísima calidade ”. “O Santa Isabel” estrearase en 2020 e en Agallas Films traballan xa en varios proxectos, entre eles dous documentais, como di Paula Cons “ traballar no que amas e facelo dignamente é unha satisfacción persoal enorme”.