Agapi (Asociación Galega de Produtoras Independentes) organiza o vindeiro día 1 de xullo unhas xornadas de formación presencial dedicadas a analizar aspectos xurídicos da produción audiovisual.
Este evento conta co apoio da Xunta de Galicia no marco das accións Galicia Pro Filme que leva a cabo a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic). O desenvolvemento da xornada terá lugar no Auditorio 1 do Edificio CINC da Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela.
Baixo o título: “Marco xurídico do sector audiovisual: Retos de futuro” abordaranse cuestións como as implicacións da nova Lei xeral de comunicación audiovisual para a produción independente, a Lei de imposto de sociedades e financiamento audiovisual ou os aspectos destacados dunha coprodución.
A xornada será de balde pero precisará dunha inscrición previa. As persoas interesadas deberán enviar un correo a prensa@agapi.gal antes do 30 de xuño, indicando-Nome e apelidos e enderezo electrónico.
PROGRAMA
10.15h. Inauguración.
10.30h.– 11.30h. Marco xurídico actual. Nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual e próxima Lei do Cine e Audiovisual.
- Definición de produtora independente.
- Valoración e impacto de futuro.
Relatora: Belén Álvarez, avogada experta en lexislación audiovisual de Gabeiras&Asociados.
11.30h.-12.15h. O papel da produción independente no novo marco xurídico. A importancia da IP.
Relator: Iker Ganuza, avogado e produtor en Lamia Producciones.
12.15h.-12.45h. Descanso.
12.45h.-13.30h. Lei de imposto de sociedades e financiamento audiovisual.
- A realidade das AIES e as achegas directas da LIS.
Relator: Jose Pablo Martín, Xerente do departamento fiscal de Auren.
13.30h.-14.15h. Coproducción: elementos esenciais e articulación.
Relatora: María Negro, Xerente do departamento de Media & Technology de Auren.
14.15h-14.30h. Quenda de preguntas.