A serie “Hierro”, de Portocabo, lanza o tráiler e pon data de estrea á súa segunda tempada en Movistar+

A serie “Hierro”, de Portocabo, lanza o tráiler e pon data de estrea á súa segunda tempada en Movistar+

A segunda tempada de “Hierro”, a multipremiada serie orixinal de Movistar+, lanzou o seu tráiler oficial e confirmou a súa estrea, en exclusiva na plataforma española, o venres 19 de febreiro.

O thriller de investigación protagonizado por Candela Peña presentará un novo caso da xuíza Candela Montes (Peña) na illa de El Hierro (Canarias), onde se rodou a case totalidade da serie.

A rodaxe dos novos episodios de “Hierro” realizouse en pleno auxe da pandemia de Covid. Así, a serie producida pola socia Portocabo, en coprodución con ARTE France e Atlantique Productions, convertiuse na primeira en gravarse baixo os novos protocolos de seguridade en España.

Na súa primeira temporada, “Hierro” supuxo un grande éxito de audiencia e crítica. Foi recoñecida cos Premios Ondas (serie e actriz protagonista), Premios Iris (guión), Premios Feroz (drama e actriz protagonista), Premios Unión de Actores e Actrices (actriz protagonista), Premios MiM Series (actriz de drama), Premios Mestre Mateo (serie de TV, dirección de produción, guión e música orixinal) e Premios ALMA (guión de serie de drama).

Creada por Pepe Coira e dirixida por Jorge Coira, a serie conta cun amplo reparto encabezado por Candela Peña, á que acompañan o actor arxentino Darío Grandinetti, Aina Clotet, Iris Díaz, Aroha Hafez, Ciro Miró, Naira Lleó, Helena Sempere, Luifer Rodríguez, Enrique Alcides, Kimberley Tell, Norberto Trujillo, Tania Santana, Maykol Hernández, Celia Castro e Marga Arnau, entre outros.

Esta segunda temporada incorpóranse o hispano sueco Matias Varela (“Narcos”) e o galego Antonio Durán “Morris” (“Fariña”).

Movistar+ ofrecerá, desde o 1 de febreiro e ata o 15 de marzo, a canle exclusiva pop up Movistar Crimen (dial 23) que incluirá as dúas temporadas da serie. A cadea estreará un programa especial de produción propia titulado “Aislados en busca de la verdad” que inclúe entrevistas con Candela Peña, o mestre xubilado Don Carmelo, que ensinou a xeración de herreños, ou co garda civil que asesorou aos irmáns Pepe e Jorge Coira, entre outros

Sinopse

Pasaron uns meses desde que El Hierro se vise axitada por unha serie de asasinatos. Candela Montes, unha xuíza incómoda que empeza a acostumarse a un destino tan particular, sigue empeñada en resolver o caso de narcotráfico que involucra ao empresario Díaz. Por temor a represalias dos seus antigos socios, Díaz négase a colaborar coa xuíza, pero a pesar diso alguén envía un sicario para acabar con el. Quen quere matalo? E por que?

Candela debe ocuparse deste novo problema ao tempo que atende o traballo diario do xulgado. Entre outros asuntos, un desagradable conflito familiar que vai afectar a Candela máis que ningún na súa carreira: Gaspar e Lucía son un matrimonio roto, un pai e unha nai que loitan pola custodia de Ágata e Dácil, a súas dúas fillas, sen deterse a pensar no mellor para elas nin o dano que lles pode causar o seu enfrontamento.

O conflito dividirá a illa en dous, posicionando a todos a un lado ou outro e desembocará inesperadamente nun asasinato con moitos posibles sospeitosos.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies