A segunda tempada da coprodución ‘Auga seca’ comezará a súa gravación a próxima semana

A segunda tempada da coprodución ‘Auga seca’ comezará a súa gravación a próxima semana

A produtora galega Portocabo e a portuguesa SP-i volven unirse na segunda tempada de ‘Auga seca’, coprodución que se estreará primeiro en HBO España e Portugal e que poderá verse despois en RTP e TVG. A gravación dos novos capítulos comezará o 1 de febreiro en Vigo, coas máximas medidas sanitarias e protocolos de prevención da Covid-19. A rodaxe estenderase ata mediados de marzo en Vigo e arredores, para logo desprazarse ata Lisboa, onde finalizará a comezos de abril.

‘Auga seca’ é un drama policial, dispoñible en HBO España, ambientado no mundo do tráfico de armas. Nesta segunda tempada, que constará de 8 episodios de 50 minutos,​ a serie profundará nas orixes dos negocios da familia Galdón e os seus conflitos coa familia de Teresa, a protagonista interpretada pola actriz portuguesa ​Vitoria Guerra​.

No elenco repiten actores galegos e lusos como ​Monti Castiñeiras​ (Mauro Galdón), Sergio Pazos​ (inspector Viñas), ​Eva Fernández​ (Irene), ​Belén Constenla​ (Doce) ou ​ Adriano Luz​ (Lázaro), xunto a novas incorporacións á repartición que se revelarán proximamente. Toño López​ volve asumir a dirección, xunto ao realizador portugués ​ Sérgio Graciano​ e baixo a produción executiva de ​Alfonso Blanco​ de ​ Portocabo​, creador da serie, e de ​José Amaral​ de ​ SP-i​. O guion corre a cargo de ​Carlota Dans, Roberto G. Méndez, Miguel Simal, Alfonso Blanco, Nina Hernández e ​Ana Míguez; a dirección de fotografía é de ​Lucía C. Pan​ e ​Manuel Pintos​, e a música orixinal é de ​Elba Fernández​ e ​Xavi Font​.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies