Mulleres destacadas do cinema e do feminismo apoian a curtametraxe galega ‘Carne’ na carreira polo ÓSCAR

Mulleres destacadas do cinema e do feminismo apoian a curtametraxe galega ‘Carne’ na carreira polo ÓSCAR

A recoñecida académica e crítica B. Ruby Rich, a gran directora Isabel Coixet e a prestixiosa actriz Alice Braga debaterán sobre a imaxe corporal feminina e os tabús sociais que aparecen no documental animado.

Producido pola produtora galega Chelo Loureiro ( Abano Producións), o multipremiado ‘Carne’ pasou por centos de festivais de todo o mundo antes de ser considerado para o Óscar á mellor curtametraxe documental.

A académica e crítica B. Ruby Rich, a cineasta Isabel Coixet e a actriz Alice Braga están a levar a cabo encontros en liña coa directora/animadora Camila Kater, cuxo curtametraxe documental animada, ‘Carne’ ( Flesh) está en consideración para o Óscar que acaba de ser anunciado.

Rich, Coixet e Braga falarán dos temas relacionados co corpo da muller e os tabús da sociedade que aparecen na curta documental de Camila Kater.

Kater estruturouno en cinco capítulos, Crúa, Pouco Feita, Ao punto, Feita e Moi Pasada, que abordan as diferentes etapas da vida dunha muller xogando coa metáfora do estado en que consumimos a carne. “É urxente expor o debate ao redor dos tabús que a sociedade impón aos nosos corpos”, di Kater. Por iso preguntámonos por que o corpo ten que ser o que non é, por que non aceptamos o noso corpo e queremos estar dentro doutra carne que poida ser consumida máis facilmente polos outros…”

Kater convidou a 5 mulleres a contar a súa experiencia coa súa imaxe corporal desde a infancia ata a vellez (Rachel Patrício, Larissa Rahal, Raquel Virgínia, Valquiria Rosa e Helena Ignez). E convidou a outras catro animadoras para que cada unha animase un capítulo diferente ( Giovana Affonso, Flávia Godoy, Cassandra Reis e Leila Monsegur), mentres que a propia Camila encargouse do capítulo 1, Crúa. Kater empregou unha animación stop motion e pintura ao óleo. “Conversar sobre a temática que envolve ‘Carne’ ( Flesh) con Ruby Rich, recoñecida voz do movemento cinematográfico feminista e o Cinema Queer, coa directora Isabel Coixet, quen ten unha perspectiva única sobre a representación da muller, tan evidente na súa extraordinaria filmografía, e Alice Braga, cuxa voz sobre os fortes personaxes femininos que interpreta no cinema é tan vital, fanme sentir máis forte para seguir nesta causa”, engadiu Kater. “É unha gran honra ampliar o alcance do noso manifesto con estas mulleres”.

Cada debate celebrarase como un evento de Facebook Life na páxina de Facebook de CARNE ( https://www.facebook.com/carneflesh) e logo gravarase e e publicarase para a súa visualización despois do debate. Está previsto que Alice Braga converse con Camila Kater o xoves, 28 de xaneiro, a hora publicarase na páxina de Facebook antes da conversación. Isabel Coixet conversará con Camila Kater o venres 29 de xaneiro ás 10:00 PM. A conversación con B. Ruby Rich tivo lugar o luns 25 de xaneiro de 2021 e está dispoñible na páxina de Facebook.

‘Carne’ estreouse no Festival Internacional de Cinema de Locarno e, desde entón, proxectouse en máis de 300 festivais de cinema de todo o mundo, como TIFF, IDFA, DOK Leipzig, Palm Springs ShortFest, Annecy e Tampere, entre moitos outros. ‘Carne’ recibiu 70 premios, entre eles a Mención Especial en Locarno (xurado xuveníl), Mellor Curta Documental en ZINEBI, Mellor Curtametraxe Europea no Festival Internacional de Cinema de Valladolid, Mellor Curtametraxe de Animación no Festival de Cinema da Habana, e o Premio do Xurado do Festival de Cinema de Ann Arbor 2020.

‘Carne’ foi producida por Chelo Loureiro ( Abano) e Lívia Pérez ( Doctela) e é distribuída pola Axencia de Cinema Independente Freak. ‘Carne’ foi realizado co apoio financeiro do Goberno de España, ICAA, de AGADIC (Xunta de Galicia), a participación de SPCINE, Prefeitura de São Paulo Cultura.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies