‘A illa das mentiras’, de Paula Cons, estreouse na plataforma INCAA

‘A illa das mentiras’, de Paula Cons, estreouse na plataforma INCAA

A longametraxe A illa das mentiras, de Paula Cons, que comezou a rodarse co título de El Santa Isabel, estreouse esta fin de semana pasada na plataforma online do INCAA Arxentino Cine Ar TV. Con participación da Televisión de Galicia, este thriller conta nos papeis principais con Nerea Barros, Darío Grandinetti e Aitor Luna, xunto a Victoria Teijeiro, Ana Oca e María Costas.

A illa das mentiras, ópera prima da directora compostelá, é un relato inspirado na historia de tres mulleres que se converteron en heroínas pola súa fazaña tras o naufraxio en 1921 do transatlántico Santa Isabel fronte ás costas galegas, pero ás que a sociedade esqueceu cedo.

O filme está coproducido pola galega Agallas Films, a vasca Historias do Tío Luis e a arxentina Aleph Cine. Conta coa participación da TVG, RTVE e ETB, e co apoio de AGADIC, Goberno Vasco, ICAA, INCAA arxentino e o Programa Ibermedia.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies