A curtametraxe ‘Aura’, producida por Abano, vén de ser seleccionada no Festival In the Palace de Bulgaria

A curtametraxe ‘Aura’, producida por Abano, vén de ser seleccionada no Festival In the Palace de Bulgaria

Chegan boas novas para a produtora Abano Producións, a súa nova curtametraxe ‘Aura’, codirixida por Miriam Albert e Sonia Albert (Also Sisters), vén de ser seleccionada no Festival búlgaro IN THE PALACE. Trátase dun festival moi importante por ser un dos certames que califica para os Premios Goya e para os premios Óscar.

Sinopse: A piques da súa propia execución, unha Terra case derrotada é testemuña desvalida das atroces accións dos seus habitantes máis ingratos. Esta obra experimental de ficción busca comunicar emocional, visual e sonoramente o impacto negativo que o comportamento humano ten na supervivencia da Terra e na contorna natural. A obra da recoñecida escritora Rosalía de Castro serve como elemento narrativo central que expresa a rxencia desta problemática que, xa no século XIX, preocupaba intensamente á poeta galega.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies