Tex45 Producións

Tex45 Producións

Tex45 Producións



Dirección: Rúa do Muiño, 34
15680 Ordes (A Coruña}
Contacto: Tex45 Producións
Teléfono: 698 111 311
E-mail: info@tex45.es
Web: tex45.es

PROXECTOS:

Na Gloria (2024)
Gaña a túa sorte (2017-actualidade)



SERVIZOS:

EQUIPAMENTO

ALUGUER DE PLATÓ: 3.886 m2 distribuídos en tres plantas; 4 camerinos con capacidade para 20 persoas, todos con aseo e ducha; sala de maquillaxe e peiteado, con seis postos simultáneos, con iluminación, espellos, puntos de rede individuais, aseos e duchas; sala de vestiario; montacargas ata o plató principal; aparcadoiro privado para quince vehículos; gardarroupa; bar, cafetería e servizo de catering; servizo de seguridade privada; servizo de limpeza permanente; servizo técnico permanente; pantalla de LEDS de 16/9; cañón de vídeo; tenda para a venda de merchandising; protencia eléctrica; aseos en ata seis puntos das instalacións e servizos complentarios como oficinas de produción con ordenadores e impresoras, conexións a internet por cable e Wi-Fi…

CREACIÓN DE FORMATOS: Tex45 conta cun equipo de traballo habitual que abrangue todas as facetas relacionadas coa produción audiovisual e o proceso creativo previo para a planificación de formatos pensados para a televisión. Series, documentais, programas musicais e de entretenemento…Contan con un equipo de profesionais con ampla experiencia en todos os xéneros, acostumados a traballar tanto en Galicia coma no resto do mundo en producións de todo tipo. Tex45 é unha fábrica de ideas que pensa no amplo público e nas tendencias que marcan as audiencias televisivas.

EVENTOS: Tex45 traballa, ademais, como produtora de todo tipo de eventos, tanto nas súas instalacións de Ordes como en calquera outro espazo. Presentacións de produto, actos e galas en directo ou concertos son aslgúns dos traballos encargados nos últimos anos as equipo multidisciplinar da produtora.



CURRICULUM:

Tex45 é unha produtora audiovisual e de eventos con sede en Ordes (A Coruña), cunha ampla experiencia no sector avalada por case dúas décadas dando resposta ás necesidades de empresas e corporacións públicas e privadas. Nas súas instalacións, de case 4.000 metros cadrados un inmellorable emprazamento, conta cos máis modernos equipamentos, e ofrece servizos de produción, así como auxiliares a case todas as áreas do audiovisual. Téquele Téquele, Mundo Verbena, Quen Toca, Banda Curta, A Terra dos Prodixios, A Casa da Conexa… Son algunhas das producións que Tex45 ten desenvolvido nas dúas instalacións. O plató, completamente modulable e adaptable aos distintos tipos de producións propostos polo cliente, ten acollido desde series ata programas de variedades, así como grandes galas e musicais para a Televisión de Galicia. 3.883 metros cadrados en tres prantas, amplos camerinos, maquillaxe e vestiario, montacargas.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies