Tex45 Producións

Dirección: Rúa do Muiño, 34
15680 Ordes (A Coruña}
Contacto: Tex45 Producións
Teléfono: 698 111 311
E-mail: info@tex45.es
Web: tex45.es
PROXECTOS:
Na Gloria (2024)
Gaña a túa sorte (2017-actualidade)
SERVIZOS:
ALUGUER DE PLATÓ: 4.500 metros cadrados distribuídos en dous edificios en Ordes que albergan máis de 1.500 metros cadrados diáfanos, equipados coa última tecnoloxía led, tanto en iluminación como en pantallas de vídeo, listos para albergar calquera tipo de produción audiovisual. Chroma sen fin de 100 metros cadrados, amplas oficinas, salas de posprodución, control de realización e son, cabeza quente con operador, camerinos, salas de maquillaxe e peiteados, comedor, almacén propio de vestiario e atrezzo…
CREACIÓN DE FORMATOS: Tex45 conta cun equipo de traballo habitual que abrangue todas as facetas relacionadas coa produción audiovisual e co proceso creativo previo para a planificación de formatos pensados para a televisión: Series, documentais, programas musicais e de entretemento… Un equipo de profesionais con ampla experiencia en todos os xéneros, acostumados a traballar tanto en Galicia coma no resto do mundo en producións de todo tipo. Tex45 é unha fábrica de ideas que pensa no amplo público e nas tendencias que marcan as audiencias televisivas.
EVENTOS: Tex45 traballa, ademais, como produtora de todo tipo de eventos, tanto nas súas instalacións de Ordes como en calquera outro espazo. Presentacións de produto, actos e galas en directo ou concertos son algúns dos traballos encargados nos últimos anos ao equipo multidisciplinar da produtora.
CURRICULUM:
Tex45 é unha produtora audiovisual e de eventos con sede en Ordes (A Coruña), cunha ampla experiencia no sector, avalada por case dúas décadas dando resposta ás necesidades de empresas e corporacións públicas e privadas. Nas súas instalacións, de máis de 4.500 metros cadrados, cun inmellorable emprazamento, conta con modernos equipamentos, e ofrece servizos, tanto de produción como auxiliares a case todas as áreas do audiovisual.
O plató de Tex45 ten acollido durante a última década diferentes producións de produtoras tanto galegas como de fóra do noso territorio. Algunhas das últimas producións realizadas nas instalacións de Tex45 son: – Xeracións (Outro, S.L., programa tv); –The Hit List (Outro, S.L., programa tv); –Tal Semente (Producciones Setemedia, S.L., programa tv); –Malicia Noticias (Producciones Setemedia, S.L., programa tv); –Xente Marabillosa (Producciones Celta, S.L., programa tv); –Lixo ou Tesouro (Outro, S.L., programa tv); –A Liga dos Cantantes Extraordinarios (Cetroña Producións Audiovisuais, S.L., programa tv); –Os Mellores da Clase (Outro S.L., programa tv); –13 Exorcismos (Bambú Producciones, longametraxe); –Spot Estrella Galicia (BCNPlay estudio audiovisual); –Spot Vivamos de Gadisa (Congo Producciones) –Spot para Inditex (Voz Audiovisual); –Spot Deportivo (Prohibida la entrada al laboratorio); –Feedback (Vaca films / Ombra films, longametraxe); –La Ley del Plomo (La Ley del Plomo A.I.E., longametraxe).
No apartado de produción propia, Tex45 Producións divide a súa actividade en dous grandes ámbitos: a produción de ficción e formatos de entretemento para a televisión, entre os que destacan os programa QUEN ANDA AÍ? e A VOLTAS CO PRATO, que na actualidade emite diariamente, dende 2020, a Televisión de Galicia. Tamén produciu: A Coral (Serie tv.), Na Gloria (Serie tv.), Malo será!, Catro Gatos (Serie tv.), 100 Anos de Verbena Galega, Verbenalia e Gaña a Túa Sorte.
O outro ámbito dentro do apartado de produción propia é a produción de spots publicitarios, a través da súa propia axencia creativa.