Accidental Films
Dirección: Ronda de Outeiro 44 Bajo 2
15009 A Coruña (A Coruña}
Contacto: Sara Gonzalo
Teléfono:
E-mail: sara@accidentalfilms.es
Web:
PROXECTOS:
CURRICULUM:
Accidental Films nace en maio de 2024 co obxectivo de contar historias que inspiran, emocionan e conectan co público. Liderada por Sara Gonzalo e Jacobo Martínez, e cun equipo formado por profesionais con máis de 20 anos de experiencia na industria audiovisual, a nosa visión é clara: crear contido de calidade para cine, televisión e publicidade.
Desde a súa creación, Accidental Films produciu a longametraxe ‘Last Resort’, protagonizado por Mason Gooding e Frank Grillo, actualmente en fase de posproducción, e rodado integramente en Tenerife.
E en agosto de 2026 acabou a rodaxe de ‘Safe Houses’, unha ambiciosa serie internacional para Apple TV+, creada por Gideon Ra (Homeland) e rodada integramente en España. O proxecto conta cun elenco de recoñecido prestixio internacional, entre eles Jennifer Connelly e Ana de Armas, e cunha clara vocación de impacto e proxección mundial. Entre os proxectos en desenvolvemento atópase a longametraxe ‘O universo é negro’, de Isaki Lacuesta, que conta a vida de Manolo Millares e do grupo El Paso, protagonizado por Oriol Pla e Lola Dueñas. A longametraxe ‘Lucina’ escrita por Rafa
Russo e dirixida por Norberto Amado ou a película ‘Salvaje’ protagonizada por Oriol Pla e dirixida por Jacobo Martínez .
Con experiencia e paixón, en Accidental Films cren no poder da narrativa para transformar e conectar co público.