Abismo Caracol

Abismo Caracol



Dirección: Santiago de Compostela
15705 Santiago de Compostela (A Coruña}
Contacto: Darío Autrán
Teléfono: 622193119
E-mail: abismocaracoldistribucion@gmail.com
Web: abismocaracol.es

PROXECTOS:


CURRICULUM:

Abismo Caracol é unha produtora audiovisual e escénica con sede en Santiago de Compostela, creada en 2009 e dirixida por Darío Autrán. Ao longo destes anos desenvolvemos unha actividade continuada no audiovisual galego, desde a creación, guión, dirección e montaxe ata a produción e a distribución de obras propias e alleas.

A nosa traxectoria inclúe longametraxes como Tilda & Jean, El cuarto de Mona, El Tirabeque e a próxima Entelequias, así como numerosas curtametraxes, entre elas Salamandra, Nidos de luz, Efectos de maio, 22:22, Los perros comen fresas ou El tercer humanista. Os nosos traballos tiveron presenza en festivais, salas comerciais e plataformas, e El Tirabeque foi recoñecida como Mellor Película no Universal Film Festival de Nova York e no City Blue Festival de Vigo.

A actividade de Abismo Caracol mantén un forte vencello coa creación galega e co tecido profesional do país. Ademais da produción propia, impulsamos proxectos de compañías e autores do noso ámbito e traballamos en colaboración con diferentes entidades culturais, festivais e exhibidores.

En 2026 iniciamos unha nova etapa de distribución dixital. Na actualidade contamos cun catálogo de máis de 50 películas e obras audiovisuais, orientado á súa explotación en plataformas e outras canles de comercialización. Prestamos un servizo integral que inclúe a preparación de materiais, corrección de subtítulos, adaptación de afiches e teasers, promoción e liquidacións. O noso obxectivo é ampliar as oportunidades de vida comercial para obras galegas e do norte de España, facilitando a súa presenza en plataformas como Prime Video, Movistar, Apple TV, Rakuten TV ou FlixOlé, entre outras posibilidades de venda directa ou incorporación a catálogos de aeroliñas.