O vindeiro venres 12 de xuño de 2020, ás 10h, celebrarase a xornada online sobre a Convocatoria de apoio á coprodución do fondo Eurimages do Consello de Europa.

A sesión estará dispoñible, sen inscrición previa, desde a seguinte ligazón.

O obxectivo deste evento, organizado por Europa Creativa Desk – MEDIA Catalunya, é incentivar e fomentar a participación do sector audiovisual na mencionada convocatoria do fondo, cuxas próximas datas límite son o 25 de agosto e o 20 de outubro de 2020.

A idea da xornada, que se centrará en Eurimages e no apoio á coprodución de longametraxes de ficción, animación e documental, é axudar aos produtores audiovisuais que estean no proceso de elaboración dun proxecto audiovisual de coprodución.

Proporcionaránselles recomendacións útiles e tentarase resolver posibles dúbidas. A sesión, moderada por Àlex Navarro, director de Europa Creativa Desk – MEDIA Catalunya, contará coa participación de Sergio García de Leaniz (Project Manager de Eurimages para proxectos de ficción en Estrasburgo) e de Pablo Pérez de Lema (Xefe de Servizo da Subdirección Xeral de Promoción e Relacións internacionais no ICAA – Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais). Ambos expoñerán as oportunidades de financiamento que ofrece Eurimages.