O Consello da Cultura Galega organiza mañá, 8 de marzo, unhas xornadas formativas sobre ‘Os axentes culturais e proxección internacional da nosa cultura’ co fin de divulgar o contido da Lei 10/2021 e fomentar un diálogo sobre a súa transcendencia presumindo que lles ha permitir unha acción exterior máis rica e institucionalizada.
O programa dividido en mañá e tarde, contempla unha mesa específica sobre ‘A COOPERACIÓN NO EIDO TELEVISIVO‘ que dará comezo ás 16.30h e que conta cos seguintes relatores:
– Fernando R. Ojea, secretario xeral da CIRCOM e director da Área de Contidos da CRTVG
– Luiz Fernando Santoro, profesor do Departamento de Jornalismo e Editoração da ECA-USP, director e produtor de programas de TV e vídeo (Brasil) [videoconferencia]
– José Fragoso, director de Programas da RTP1 e RTP Internacional
– Alfonso Blanco “Fosco”, director xeral da produtora Portocabo e representante de AGAPI
Modera: Xosé Lago García, secretario de GNP-AECT