Onte anunciábanse os finalistas na XIX Edición dos Premios Mestre Mateo. Entre as candidaturas hai moitas empresas de Agapi. Especialmente notable é a categoría á Mellor Película na que se disputan o premios catro filmes producidos por empresas da Asociación. Trátase dos títulos: ‘A illa das mentiras’, producido por Agallas Films; ‘Arima’, producida por Esnatu Zinema; ‘Lúa Vermella’, producida por Zeitun Films e Amanita Studio e ‘Ons’, producido por Maruxiña.
Parten como favoritas ‘Ons’, con 13 candidaturas, ‘A Illa das mentiras’ con 12, ‘El desorden que dejas’ con 8, ‘Arima’ con 7, ‘Néboa’ con 6 e ‘Lúa Vermella’ con 4.
A lista completa de nominacións, pode consultarse no link.