Trote
2017 - RematadoCinema

Asociado: Frida Films
Formato: Longametraxe
Duración: 90
Idioma: Galego
Venta int.: No
SINOPSE
Carme, unha moza reservada e solitaria, de carácter difícil, vive nunha aldea das montañas do interior de Galicia xunto ao seu pai Ramón, co que apenas se comunica, e a súa nai doente. Traballa nunha panadería e o seu desexo é escapar algún día dese ambiente tan pechado e opresivo, pero as circunstancias sempre lle impediron dar o paso. Trotar. Fuxir. Con todo, fai uns días aceptaron a súa solicitude de traballo nun hotel dunha cidade próxima.
Trote transcorre durante o fin de semana en que se celebra a Rapa das Bestas, a loita ancestral do home e o cabalo. A aldea comeza a prepararse para a festa. Na casa familiar tamén están Luís, o irmán maior de Carme que traballa en Madrid, e a súa muller María, embarazada de catro meses.
Trote é a loita entre o home e o cabalo, entre a razón e o instinto.
EQUIPO ARTÍSTICO
Guion: Xacio Baño e Diego Ameixeiras
Dirección artística: María R. Lolo
Dirección de producción: Xabier Eiris
Producción executiva: Luisa Romeo e Sergio Frade
Dirección de fotografía: Lucía C. Pan
Son: Miguel Seixo, Diego Staub e Miguel Barbosa
Maquillaxe e perruquería: Marian Simón
Dirección de vestiario: Renata Uzal
Dirección de casting: Victor Duplá
OBSERVACIÓNS
FESTIVAIS
Proxecto seleccionado no programa de residencias Ikusmira Berriak promovido polo FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE SAN SEBASTIÁN en colaboración con Tabakalera Centro Internacional de Cultura Contemporánea, e Fundación Donostia San Sebastián 2016 Capital Europea da Cultural.