‘Caminhos de irmandade’ é unha serie documental de 10 episodios de 30 minutos duración, que utiliza unha trama de ficción para dar a coñecer ás historias que se ocultan ao longo da ruta de peregrinación que comeza en Lisboa e ten como destino final Santiago de Compostela. As súas emisións a través de RTP e TVG tiveron unha audiencia total de máis de dous millóns de espectadores. Daniel (Rubén Riós) é un actor que ten que encargarse de dirixir un programa para a televisión sobre o Camiño Portugués, xa que a súa moza Inés (Raquel Espada) é a produtora do proxecto. Durante a gravación entabla amizade con Margarida (Isadora Alves), unha guía turística local que o axudará a sacar adiante o proxecto, pero que tamén porá a proba a súa relación previa.
Caminhos de irmandade
2017 - RematadoTV
Asociado: M International Audiovisual
Formato: Telefilme
Duración: 30
Idioma: Galego/ Portugués
Venta int.: Sí