Ariel
2025 - RematadoCinema
Asociado: Filmika Galaika
Formato: Longametraxe
Duración: 104
Idioma: Castellano
Venta int.: Sí
SINOPSE
Ariel é un xogo metateatral en cinema sobre unha actriz arxentina que desembarca nunha illa estraña e fascinante (As Azores), onde os seus habitantes transcenderon ata converterse en personaxes shakesperianos. Pronto descobre que a obra comezou, que toda a illa é un teatro e todos os seus habitantes, personaxes.
Lois Patiño engalana a súa última longametraxe con relucentes paisaxes acuáticas e paraxes que parecen estar posuídos por enerxías doutro mundo.