A muller do eternauta
2011 - RematadoDocumentales

Asociado: Frida Films
Formato: Longametraxe
Duración: 82
Idioma: Español
Venta int.: Sí
SINOPSE
A MULLER DO ETERNAUTA é unha longametraxe documental en torno á historia de Elsa Sánchez, viúva de Héctor Germán Oesterheld, guionista da obra cumio do comic arxentino, O ETERNAUTA. Filla de emigrantes galegos en Bos Aires, a súa vida é a proba do rigor da represión da ditadura militar en Arxentina. O Proceso de Reorganización Nacional arrebatoulle a súas catro fillas e ao seu marido. O sesgo político cada vez máis presente na obra de Oesterheld, que encerra unha dura crítica da situación política e social da Argentina do momento, serviu de escusa para comezar esta historia de barbarie.
A MULLER DO ETERNAUTA é Elsa Sánchez. A historia da loita pola supervivencia no medio do horror. Unha crónica vital e próxima na que Elsa Sánchez achéganos as súas lembranzas co valor dos verdadeiros heroes. Un exemplo de loita pacífica contra a inxustiza, e un testemuño no que a dor e o amor pola vida se dan a man.
EQUIPO TÉCNICO
Coprodución España-Arxentina.
LUISA ROMEO. Produtora.
SERGIO FRADE. Produtor Executivo.
ADÁN ALIAGA. Director.
DIEGO AMEIXEIRAS. Guionista.