A produtora galega Portocabo sigue posicionándose no mercado internacional ao poñer en marcha a súa primeira coprodución entre Francia, Italia e España. A ficción, que levará por nome EL CAMINO, será unha serie transmedia que xirará arredor das historias de tres mulleres moi diversas en culturas, idade e carácter e sen conexión entre si. A nosa historia arranca cando, por razóns do destino, acaban afectadas por un acontecimento dramático que as conectará xerando un vínculo moi profundo, do mesmo xeito que o Camiño de Santiago conecta aos seus camiñantes. Nesta miniserie de seis capículos, a vida das tres iniciará un proceso transformador no que chegarán a cuestionar a súa propia identidade.
Tralas reunións mantidas nos últimos meses en mercados internacionais coma o Mipcom de Cannes, o European Film Market – EFM da Berlinale e o francés Series Manía, finalmente, o grupo Banijay (Francia e Italia) será o encargado da distribución da serie. Ao fronte do equipo creativo de El Camino atópase o xefe de ficción de Banijay Studios Italia, o guionista Massimo del Frate, experto en producións ficcionadas para televisión en múltiples plataformas. Ao longo da súa carreira, a súa experiencia profesional estivo ligada a empresas como Mediaset ou EndemolShine e canles italianas como Rai1 y Canale 5. Ademais este proxecto de coprodución internacional conta tamén coa implicación directa de profesionais como Camille Gatin, responsable de Produción Internacional de Banijay Studios Francia, e de Caroline Torrance, xefa de guións de Banijay Rights. A raíz deste acordo, a galega Portocabo e Banijay Rights continuarán traballando xuntas no desenvolvemento de El Camino. A serie, que se atopa actualmente entre os cinco seleccionados na convocatoria de axudas a proxectos audiovisuais da Xunta de Galicia que difundan o Camiño de Santiago a nivel internacional, rodarase en español, francés e italiano, e estará acompañada dunha campaña transmedia na que estarán incluídas narracións e accións en múltiples formatos fiando un discurso arredor dos valores do Camiño . Unha aposta pola coprodución internacional A produtora que dirixe Alfonso Blanco avanza así na súa estratexia de liderar coproducións internacionais para televisión que xa iniciou con Hierro, a nova serie que se estreará Movistar+ en xuño. Hierro é un thriller policial ambientado na illa canaria de El Hierro, que foi desenvolvido en Portocabo polo equipo creativo formado por Pepe Coira (creador), Araceli Gonda (guionista) e Jorge Coira (director). A serie é a primeira de Movistar+ que parte dunha coprodución internacional, da man de Portocabo xunto a Atlantique Productions (Francia) e canal ARTE (Francia-Alemaña). A semana pasada Hierro, protagonizada por Candela Peña e Dario Grandinetti, tivo a súa premiere mundial no festival Series Mania, en Lille, onde foi a única serie española na competición internacional. A estrea en Movistar+ está prevista para o 7 de xuño en España e Latinoamérica.