Finalizou a rodaxe en Galicia, da película documental A MEDIA VOZ, un traballo para recuperar emocións de dous cineastas cubanas que chegaron a Galicia hai xa 16 anos. A produción corre a cargo de Matriuska Producións, firma pontevedresa que ten xa unha ampla experiencia no mundo cinematográfico.
A MEDIA VOZ conta a historia de Patricia Pérez Fernández e Heidi Hassan. Ambas abandonaron a capital cubana, percorreron Europa e chegaron ata a Costa da Morte, terra dos seus ascendentes. A primeira, ademais, viviu uns anos en Cabana, e agora está en Madrid. A segunda elixiu Suíza. Ademais deses planos de emocións sobre o mar visto desde ou Roncudo, A media voz inclúe gravacións no miradoiro de Monte Branco, A Barra, a Pedra Cuca e diversas paisaxes de Corme e Laxe. Lugares que marcaron ás dúas cineastas e emigrantes na súa viaxe cara a unha nova vida. E todo iso, baixo unha estética experimental que se afasta dos leitos habituais. A rodaxe pasou por Madrid e Ámsterdam e finalizará en Xenebra e A Habana.
Pingback: MULTIMEDIA – DOCFLIX