Agapi colabora co Festival Carballo Interplay na celebración da mesa sobre COMO CAMBIOU INTERNET A FORMA DE PRODUCIR, que interveñen Alberto Fernández (Subdirector de Transmedia e Playz en RTVE), Mafalda González-Alegre ( Flooxer), Carla Rogel ( Mediapro Labs), Alfonso Branco ( Portocabo). Moderador: José Antonio Velo, de Astrágalo Studio, en representación de AGAPI.
Novas plataformas, series dixitais, producións globais, novos formatos, branded content… a produción audiovisual expándese por todo tipo de pantallas e ten un mercado global ao seu alcance. Que supón isto para as produtoras e os medios? Cales son as esixencias de produción da industria audiovisual na internet? Que novos factores hai que ter en conta á hora de afrontar un proxecto?.