O Salón Teatro proxecta a curtametraxe FLORES PARA AMALIA

O Salón Teatro proxecta a curtametraxe FLORES PARA AMALIA

A Consellería de Cultura e Educación ofrece este venres 7, ás 21.00 h, no Salón Teatro de Santiago a presentación da curtametraxe Flores para Amalia, do director Nani Matos. A fita, que está a iniciar o seu percorrido de proxeccións e participación en festivais, acaba de obter os premios do público e do xurado dos veciños á mellor curta de ficción en Cans.

Mela Casal e Gonzalo Uriarte protagonizan esta historia intimista sobre unha parella que pasa os últimos anos da súa vida nunha residencia para maiores, onde a longa enfermidade da muller levará o seu home a tomar unha decisión. Trátase dun traballo sobre os pequenos xestos da vida e sobre a capacidade de conmovernos co máis próximo. Como sinala o seu director, Flores para Amalia é unha desas historias cotiás que moitas veces pasan diante de nós case sen nos decatar, quizais porque a maioría dos que as protagonizan pasan inadvertidos para unha sociedade que non se para a mirar cara a atrás.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies