‘O que arde’, preseleccionada pola Academia do Cine para representar a España na carreira polo Óscar á Mellor Película Internacional 2020

‘O que arde’, preseleccionada pola Academia do Cine para representar a España na carreira polo Óscar á Mellor Película Internacional 2020

‘El Hoyo’ de Galder Gaztelu-Urrutia, ‘La trincheira infinita’ de Jon Garaño, Aitor Arregi e José Mari Goenaga e ‘O que arde’ de Oliver Laxe serán os tres títulos que optarán a representar a España na próxima edición dos Óscar, a número 93, na categoría de Mellor Película Internacional. Así o anunciou a Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España este martes. Nunha situación normal, este anuncio teríase producido a finais de agosto, pero este ano, debido á pandemia, a carreira cara ós Óscar empezou tarde.

O actor Javier Rey realizou a lectura das tres películas preseleccionadas, acompañado polo presidente da Academia Mariano Barroso e o notario Federico Gayaralde Neno. O próximo 3 de novembro anunciarase o título que finalmente representará a España nos premios da Academia de Hollywood.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies