A serie “Hierro” vén de ser seleccionada como finalista á mellor serie na terceira edición dos premios do festival de televisión de Venecia, que distingue ás mellores produccións televisivas de todo o mundo.
A serie, producida por Portocabo con Movistar+, ARTE e Atlantique Productions, é a única ficción de fala hispana seleccionada por estes premios, que gañou ” The New Pope”, segundo informa Portocabo.
Nun comunicado, a produtora galega detalla que a segunda tempada de “Hierro”, dirixida de novo por Jorge Coira e protagonizada por Candela Pena, Darío Grandinetti e Matías Varela, verá a luz en 2021.
A serie leva acadado numerosos premios e recoñecementos, entre os que destacan os Premios Ondas (mellor serie e mellor actriz protagonista, Candela Peña), os Premios Iris (mellor guion), os Premios Feroz (mellor drama e mellor actriz protagonista), Premios MiM Series (mellor actriz de drama) e os Premios Mestre Mateo (mellor serie de TV, mellor dirección de produción, mellor guión e mellor música orixinal).
Creada por Pepe Coira e dirixida por Jorge Coira, con Alfonso Blanco de Portocabo como produtor executivo, a serie finalizou este verán a rodaxe da súa segunda tempada, que chegará a Movistar+ en 2021 e constará de 6 episodios de 50 minutos de duración.