O documental “Behind Lucy” de Somadrome seleccionado para o pitching do SunnySideDoc

O documental “Behind Lucy” de Somadrome seleccionado para o pitching do SunnySideDoc

O documental ‘ Behind Lucy’, da produtora Somadrome Films, foi seleccionado no Sunny Side of the Doc Pitch 2020 na sección de ciencia.

O proxecto xa fora gañador de MIPDoc Project Pitch, competición que se celebrou online o pasado mes de abril e que se correponde co mercado especializado no xénero documental e factual de Cannes.

‘Behind Lucy’ é un documental protagonizado por catro científicos, dous homes e dúas mulleres, do equipo científico da misión Lucy da NASA, unha misión de estudo dos troyanos de Xúpiter. O documental fai un seguimento da misión desde a súa aprobación pola NASA ata o seu lanzamento, previsto para outubro de 2021

Sunny Side of the Doc online

Debido á pandemia do Covid-19, a 31ª edición do mercado especializado en documentais Sunny Side of the Doc celebrarase na internet do 22 ao 25 de xuño. O evento ofrecerá paneis, webinars e reunións a distancia.

Os pitchings de proxectos en busca de financiamento e socios tamén serán presentados en diferido, acompañaranse con sesións de mentoring por parte da organización do festival, e posteriormente haberá reunións cos compradores máis importantes do mercado para comentar os detalles do proxecto. Compradores de cadeas como PBS, ZDF, France Télévisions, BBC, ARTE, AlJazeera ou National Geographic, daranse cita no mercado e valorarán serán os encargados de valorar os pitchings.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies