O Festival de Cine de Múnich inaugura a súa 43ª edición con dobre presenza de Frida Films

O Festival de Cine de Múnich inaugura a súa 43ª edición con dobre presenza de Frida Films

O Festival de Cine de Múnich inaugura a súa 43ª edición con dobre presenza de Frida Films

O Festival Internacional de Cine de Múnich inaugurou a súa 43ª edición o pasado 26 de xuño, unha cita que se estenderá ata o vindeiro 5 de xullo. Consolidado como o maior festival de cine de verán de Alemaña, o certame convértese estes días no epicentro do sector grazas a unha ambiciosa programación que inclúe máis de 130 estreas mundiais e europeas procedentes de 56 países.

Dentro da sección oficial CINECOPRO COMPETITION, o festival alberga dous títulos de Frida Films, produtora asociada de AGAPI. Entre as obras seleccionadas atópase Ocean Titanic, a nova proposta da recoñecida directora grega Konstantina Kotzamani estreada en Cannes. Xunto a ela competirá Os invitados, unha longametraxe codirixida por Cristina Diz e Stefan Butzmühlen que celebrará a súa estrea mundial no marco do certame alemán.

Protagonizada por Greta Fernández e Jan Bülow, o filme narra a historia dunha parella moza en 1973. Iria é unha traballadora migrante de España; Hajo é un estudante de Alemaña. Cando a nai de Iria enferma terminalmente, deciden deixar Köln e levala de volta a Galicia.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies