O documental ‘Aurora’ de Area Erina, producido por Gaitafilmes, na Sección Oficial Documentales do Festival de Málaga

O documental ‘Aurora’ de Area Erina, producido por Gaitafilmes, na Sección Oficial Documentales do Festival de Málaga

A viguesa Area Erina estrea no Festival de Málaga o seu documental ‘Aurora’, producido pola produtora meirega Gaitafilmes e con Antonio Durán “Morris” como produtor asociado.

‘Aurora’ é un traballo cinematográfico, rodado durante máis de 10 anos, que se centra na vida dunha muller rural galega, Aurora, unha veciña de Taboexa (As Neves), ofrecendo unha mirada íntima e auténtica.

A través da vida desta muller, exploramos temas universais como a familia, o traballo, a violencia de xénero, a adversidade e a resiliencia. A mirada da directora neste documental constrúese con sensibilidade, capturando a esencia da vida de Aurora de maneira auténtica e evitando estereotipos. Esta atención ao detalle garante un retrato fiel e conmovedor.

Sinopse: Gravado durante máis de dez anos, o documental ‘Aurora’ comeza sendo un retrato da vida dunha veciña do rural galego. Aurora e Area, mulleres achegadas de mundos totalmente dispares e con gran diferenza de idade entre elas, establecen unha forte relación de intimidade, confianza e profundas conversas ligadas á morte, a vida, a familia, a
muller, ou a guerra.

A cámara é o terceiro personaxe nesta permanente búsqueda onde a mirada, ao igual ca elas, varía orgánicamente no tempo.

Biografía da directora
AREA ERINA (Vigo, 1980) Licenciada en Humanidades pola Universidade Carlos III de Madrid e cun Master de Ensino de Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela, formouse en edición e montaxe de vídeo en diversas escolas e cursos de Madrid e de Galicia. Artista visual de diferentes disciplinas como o vídeo, a fotografía, o collage ou o celuloide, nas que os seus límites se dilúen pasando do plástico e analóxico ao dixital.
Traballou como técnica de edición para varias produtoras, así como realizadora freelance de publicidade, videoclips e promoción de cine e teatro. Realizadora audiovisual no campo do cinema de non-ficción e experimental e montaxe en directo (Live Cinema).

Autora das vídeo creacións en formato curto: ‘The Fashion religion’, ‘You killed our future’, ‘Prólogo e Epílogo’, ‘Miña nai (Cintaadhesiva)’ coas que participa en diversos festivais e mostras de imaxe experimental como (S8) Mostra de Cinema Periférico. Tamén dirixe o mediometraxe documental ‘Enma Pino’. ‘Aurora’ é a súa primeira longametraxe.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies