A Asemblea Xeral de socios de AGAPI celebrada onte, 11 de decembro, acordou de novo apoiar por unanimidade a candidatura de Xunta Directiva para os vindeiros dous anos, presidida por Felipe Lage Coro, produtor executivo en Zeitun Films.
Estará acompañado por X. Lois Ledo de Nós Produtora Cinematográfica Galega como vicepresidente, Luisa Romeo de Frida Films como secretaria e Andrea Vázquez de Miramemira como tesoureira.
Continúan como vogais Daniel Froiz de Matriuska, Silvia Fuentes de Sétima e Nati Juncal de Cósmica Producións.
A nova Xunta Directiva asume o cargo con ilusión e compromiso de traballo a prol do audiovisual galego como se leva facendo desde a constitución de Agapi no ano 1994 e fai un chamamento a todas as produtoras independentes a unirse a este proxecto común.
Composición da nova Xunta Directiva Agapi 2023-2025
Presidente: Felipe Lage Coro (Zeitun Films)
Vicepresidente: X.Lois Ledo (Nós Produtora Cinematográfica Galega)
Secretaria: Luisa Romeo (Frida Films)
Tesoureira: Andrea Vázquez (Miramemira)
Vogais:
Silvia Fuentes (Sétima)
Nati Juncal (Cósmica Producións)
Daniel Froiz (Matriuska)