Este sábado chega á TVG ‘Sen Fronteiras’ un novo formato producido por M International Audiovisual en coprodución con Portugal

Este sábado chega á TVG ‘Sen Fronteiras’ un novo formato producido por M International Audiovisual en coprodución con Portugal

As televisións públicas galega e portuguesa seguen a estreitar lazos e este sábado chega á programación da TVG a súa última colaboración coa Rádio e Televisão de Portugal (RTP): ‘Sen Fronteiras’, un espazo televisivo para coñecerse mellor e que descubrirá semana a semana o parecidos que somos a ambos os dous lados da raia.

‘Sen Fronteiras’, que tamén será emitido na RTP1, está producido pola galega M International Audiovisual e a produtora portuguesa SPI, froito das relacións xurdidas no V Foro de Coprodução Galicia-Portugal, encontro audiovisual galaico-portugués celebrado a finais de 2019 en Arnoia (Ourense) impulsado por Agadic e o ICA portugués.

En ‘Sen Fronteiras’, que se emitirá arredor das 20.30 h, os televidentes descubrirán diferentes lugares galegos e portugueses co mesmo topónimo. O galego Javier Varela e a portuguesa Beatriz Gosta farán de guías e viaxarán a estas vilas para comprobar se estes topónimos teñen a mesma orixe. Así, por exemplo, este sábado Beatriz estará en Ribeira e Javier en Ribeira da Pena e, nas seguintes semanas, na Pontenova e Ponte da Lima, en Vimianzo e Vimoso, en Baiona e Baiâo e na Pobra do Brollón e Póvoa do Varzim, entre outros moitos lugares.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies