A película ‘Miguel’s  War’; coprodución de Zeitun Films, Kabinett Film (Alemaña) e  ITAR  Productions (Líbano) chega á Sección Panorama da Berlinale

A película ‘Miguel’s War’; coprodución de Zeitun Films, Kabinett Film (Alemaña) e ITAR Productions (Líbano) chega á Sección Panorama da Berlinale

Arrinca a 71º edición da Berlinale. Do 1 ao 5 de marzo, a través dunha proposta en liña, desenvolverase o evento de industria, o European Film Market, así como as iniciativas Berlinale Co- Production Market, Berlinale Talents e o World Cinema Fund. Tamén se presentarán as películas de Sección Oficial (Competición, Special, Panorama, Forum e Forum Expanded), Berlinale Shorts, Encounters e Generation, e os xurados anunciarán os gañadores.

En Panorama atopamos a única outra representante española, ‘Miguel’s War’, coprodución da produtora galega Zeitun Films xunto a Kabinett Film (Alemaña) e ITAR Productions (Líbano), sendo esta última a produtora principal. Eliane Raheb realiza este documental no que Miguel, un home homosexual que, tras fuxir hai 37 anos da guerra e a represión no Líbano cara á hedonista Madrid da era posfranquista, regresa ao seu país de orixe xunto a Raheb para afrontar os seus conflitos internos e seguir o rastro de desexos moi ocultos, o amor non correspondido e sentimentos atormentadores de culpa.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies