‘Decorado’ (Abano Producións) recibe o prestixioso Premio Paul Grimault no Annecy Festival

‘Decorado’ (Abano Producións) recibe o prestixioso Premio Paul Grimault no Annecy Festival

‘Decorado’ (Abano Producións) recibe o prestixioso Premio Paul Grimault no Annecy Festival

O cinema de animación galego volve facer historia no panorama internacional. ‘Decorado’, a nova longametraxe do recoñecido director galego Alberto Vázquez e producida pola asociada de AGAPI Abano Producións, foi galardoada co Premio Paul Grimault na prestixiosa 50ª edición do Festival de Annecy (Francia), considerado unánimemente como o certame de animación máis importante do mundo. Un fito estratéxico para o audiovisual galego, demostrando unha vez máis a súa capacidade para competir e brillar nos escaparates globais máis esixentes.

‘Decorado’ propón unha rechamante fábula existencialista en clave de comedia negra e terror psicolóxico, protagonizada por Arnold e Tini, dousos que descobren que o mundo no que viven non é máis ca un gran decorado. Cunha estética visual única baseada no gravado decimonónico e unha narrativa afiada, a fita volveu encandilar á crítica internacional en Annecy, un festival que xa premiara a traxectoria de Vázquez en anteriores ocasións coas súas curtametraxes.

Este novo éxito non é un feito illado, senón o broche de ouro a unha espectacular traxectoria cinematográfica. ‘Decorado’ xa conta no seu palmarés co Premio Goya á mellor longametraxe de animación e o Premio Forqué, ademais de colleitar importantes galardóns en certames de referencia como o Fantastic Fest de Texase o Animation Is Film de California.

Imaxe do Annecy Festival

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies