A película ‘Tres’, producida por Frida Films e dirixida por Juanjo Jiménez, vén de ser recoñecida con cinco nominacións na XIV edición dos Premios Gaudí nas categorías de: mellor película en lingua non catalana, mellor guión, mellor protagonista feminina, mellor actor secundario e mellor son.
Os Premios Gaudí son outorgados anualmente pola Academia de Cine Catalán desde a súa creación en 2002.