Meteórica Cine

Meteórica Cine

Meteórica Cine



Dirección: Lugar Galegos, 28 Centro de Emprendemento A Estación
15880 Vedra (A Coruña}
Contacto: Alba Prol / Raúl García
Teléfono: 674809950
E-mail: meteorica@meteorica.es
Web: meteorica.es

PROXECTOS:

The Great Way (2021)
“A Mestra de Escola” (2022. Curtametraxe documental, 28’). Fondo Cultural Xunta de Galicia.
O Gran Camiño (2020)
“Sporting, 50 anos de sentimento” (2019. Curtametaxe Documental, 29’). Clube de fútbol Sporting Celanova e Escolas Deportivas de Celanova.
“Marcelo Macías, 175 aniversario” (2018. Vídeos para espazo expositivo). Museo Arqueolóxico de Ourense e A Fundación ABANCA.
“De Puertas Pa Dentro” (2019. Gravación concerto). Tregua.
“Inmortal” (2018. Videoclip). N.E.O.
“Playtronic & 16 Pineaples” (2016. Reportaxe TV, 6’). Zoom In TV Holand.
“Dor” (2015. Curtametraxe, 7’). Dir. Lino Braxe.
“Viaje al Fin de la Noche” (2013. Documental). Distribuido por Santo Grial Producciones. Emitido en Sol Música TV España. [Requisito de solvencia acadado: Repercusión en televisións / principais plataformas VOD que operen en España] – (1 punto)
“El Quid” (2013. Serie web, 7×10’). Dir. Raúl García e Bruno Nieto.



CURRICULUM:

Somos Meteórica Cine SL, unha produtora creada para o desenvolvemento e a realización de contidos audiovisuais de cine e televisión orientados especialmente á distribución a nivel internacional.

Levamos desde o ano 2013 desenvolvendo, producindo e realizando produtos audiovisuais, especialmente para Televisión de Galicia e outras cadeas nacionais da FORTA baixo a marca
Meteórica. No ano 2020, co obxectivo de medrar como produtora, decidimos dar un paso máis na nosa estratexia empresarial orientando toda a nosa produción á creación de contidos feitos desde Galicia pero con destino ao consumo global, tanto en plataformas dixitais, televisións públicas e privadas como en salas cinematográficas.

Para poder levar a cabo esta estratexia asinamos un contrato de distribución cunha das máis
importantes compañías produtoras/distribuidoras de Europa especializadas en factual: a compañía británico-holandesa Off The Fence (Gañadora do Oscar á Mellor Documental en 2021 con My Octopus Teacher de Netflix), que forma parte do grupo alemán ZDF.

Desde entón, a primeira produción internacional que levamos a cabo foi a longametraxe documental “O Gran Camiño”, un proxecto sobre as grandes rutas a pé do mundo que se estreou en cines a nivel nacional e que tivo presenza en máis de 50 festivais de todo o mundo e 22 premios.

Dado o interese das distribuidoras e das televisións de varios países, este proxecto converteuse nunha serie documental, “The Great Way”, que na actualidade xa está distribuída
en plataformas dixitais e en televisións de 32 países/territorios: Estados Unidos, Alemaña,
Austria, Reino Unido, Suecia, Noruega, España, Suiza, Israel, LATAM, Croacia, Hong Kong,
Hungría, Rumanía, Etiopía, entre outros.

A produción desta serie “The Great Way” está actualmente en marcha coa rodaxe de novos
episodios en diferentes países como Turquía e Xordán.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies