Filmes da Ermida

Filmes da Ermida



Dirección: Parroquia Santa María de Son
27653 Navia de Suarna (Lugo}
Contacto:
Teléfono:
E-mail:
Web:

PROXECTOS:

𝗙𝗶𝗹𝗺𝗲𝘀 𝗱𝗮 𝗘𝗿𝗺𝗶𝗱𝗮 foi creada en 2021 para producir 𝙎𝙄𝙍𝘼̂𝙏, longametraxe dirixida por Oliver Laxe e coproducida con El Deseo, Uri Films, Movistar+ e 4A4 Productions. A empresa nace coa vontade de impulsar proxectos cinematográficos de alto valor artístico e de alcance internacional, apostando por autores cunha ollada singular e por un cinema capaz de conectar con públicos diversos a través da emoción, a poesía e a reflexión.

• 𝗙𝗶𝗹𝗺𝗼𝗴𝗿𝗮𝗳𝗶́𝗮 𝗱𝗲 𝗙𝗶𝗹𝗺𝗲𝘀 𝗱𝗮 𝗘𝗿𝗺𝗶𝗱𝗮 •

– ‘Sirat'(2025)
Dirixida por Oliver Laxe. Coprodución con El Deseo, Uri Films, Movistar+ e 4A4 Productions.
Estreada en Competición Oficial no Festival de Cannes 2025. Gañadora do Premio do Xurado.

• 𝗣𝗮𝗿𝘁𝗶𝗰𝗶𝗽𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗱𝗼𝘀 𝘀𝗲𝘂𝘀 𝗽𝗿𝗼𝗱𝘂𝘁𝗼𝗿𝗲𝘀 𝗻𝗼𝘂𝘁𝗿𝗮𝘀 𝗼𝗯𝗿𝗮𝘀 𝗱𝗲𝘀𝘁𝗮𝗰𝗮𝗱𝗮𝘀 •

Antes da creación de Filmes da Ermida, os seus fundadores estiveron implicados na produción dos seguintes proxectos audiovisuais:

– ‘Todos vós sodes capitáns’ (2010, Oliver Laxe) – Quinzaine des Réalisateurs, Cannes. Premio FIPRESCI.
– ‘O Quinto Evanxeo de Gaspar Hauser'(2013, Alberto García) – IFFR Rotterdam. Premio FIPRESCI.
– ‘O que arde’ (2019, Oliver Laxe) – Festival de Cannes, Premio do Xurado Un Certain Regard. Goya 2019, 4 nominacións e 2 premios.



CURRICULUM:

Produtora cinematográfica

Cada filme ten un xeito xenuíno de producirse, e é a película mesma a que o define. Con esta premisa foron realizadas todas as películas de Oliver Laxe, nas que o cineasta axudou a pensar un xeito diferente de producílas. Con esta intención nace Filmes da Ermida, coa vocación de poñer sempre o cinema no centro do cinema.

A produtora conta coa presenza de Xavi Font, un dos produtores de O que arde, quen pasou da composición de música de cinema á produción cinematográfica, producindo outras tres longametraxes dende entón, incluída Sica de Carla Subirana, estreada na Berlinale en 2023.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies