Coproducida novamente con Portocabo, ARTE France e Atlantique, a nova entrega da ficción española filmarase en escenarios das Illas Canarias ata o mes de maio e constará de 6 episodios de 50 minutos de duración. A illa canaria do Hierro foi o escenario para a presentación da rodaxe da segunda tempada de ‘Hierro’.
Nesta segunda tempada, Hierro traerá consigo novas incorporacións ao elenco como a de Matias Varela, coñecido pola súa interpretación en Narcos, que acompañará aos protagonistas Candela Pena e Darío Grandinetti e interpretará a un fillo de herreños criado en Miami que concibe a vida como unha competición na que só se permite gañar.
Os irmáns Pepe e Jorge Coira seguirán á fronte do guión e a dirección. Pepe Coira puido dar as pistas sobre os novos episodios, que terán como resorte dramático as relacións familiares.
Tras unha primeira tempada na que o crime era o punto de partida deste thriller, a segunda parte de Hierro estará marcada por un asunto xudicial que desembocará na investigación dun caso criminal.