A serie ‘Auga Seca’ estará dispoñible en HBO España e HBO Portugal a partir do 1 de abril

A serie ‘Auga Seca’ estará dispoñible en HBO España e HBO Portugal a partir do 1 de abril

Auga Seca, un thriller de seis capítulos en torno ao mundo do tráfico de armas, rodado en Vigo y Lisboa, incorpórase ao catálogo de HBO España e HBO Portugal. Logo da súa estrea mundial na última edición do MIPCOM de Cannes o pasado outubro e unha gran acogida da audiencia en RTP e TVG, a serie, creada por Alfonso Blanco e protagonizada por Victoria Guerra, Monti Castiñeiras e Sergio Pazos, terá dispoñibles todos os seus episodios para os susbscritores da plataforma nos dous países a partir do 1 de abril.

Rodada orixinalmente en galego e en portugués, baixo a premisa do realismo e a naturalidade, que fai que a personaxes de cada un dos dous lados da fronteira falen na súa lingua, Auga Seca é a primeira serie en lingua galega que se incorpora ao catálogo da plataforma, que tamén ofrecerá versión dobrada ao castelán e con subtítulos en español e en inglés. Coa incorporación ao catálogo de HBO España e Portugal desta ficción, desenvolvida pola produtora galega Portocabo e coproducida xunto á portuguesa SP-i, Auga Seca avanza na súa difusión internacional a través da distribuidora británica DCD Rights.

Unha trama en torno ao tráfico de armas donde nada é o que parece
Auga Seca é un drama policial situado no universo do tráfico de armas e as súas conexións co mundo empresarial, no que Teresa -a actriz portuguesa Victoria Guerra- vese envolta nunha trama na que nada é o que parece. Guerra traballa a carón dos recoñecidos actores galegos Monti Castiñeiras e Sergio Pazos como protagonistas. Os actores galegos Eva Fernández, Paloma Saavedra, Santi Romay, Cris Iglesias, Adrián Ríos e os portugueses Adriano Luz, Joana Santos, Igor Regala e João Arrais son algúns dos nomes que completan o elenco internacional da serie.

Toño López asume a dirección baixo a produción executiva de José Amaral de SP-i e Alfonso Blanco de Portocabo, creador da serie. O guión corre a cargo de José Rubio, Carlota Dans, Lidia Fraga, Eligio Montero, Carlos Portela e Ana Míguez; a dirección de fotografía é de Ricky Morgade, a dirección de arte de Andrea Pozo e a música de Elba Fernández e Xavi Font. Sumando forza a este equipo internacional atópanse destacados profesionais do grupo SP Televisão, ao que pertence SP-i, cuxas series foron premiadas nos prestixiosos International Emmy Awards.

Portocabo obtivo recentemente para Auga Seca unha das axudas da Unión Europea á produción televisiva mediante o programa Europa Creativa – MEDIA, que se suma á axuda recibida da Xunta de Galicia a través de AGADIC. A produtora con sede na Coruña continúa deste xeito a súa liña de ficción internacional logo da exitosa e multipremiada Hierro, a primeira serie orixinal Movistar+ en coprodución con ARTE France e Atlantique  Productions -que se atopa en plena rodaxe da súa segunda temporada-, e Vidago Palace, a súa anterior coprodución entre Galicia e Portugal.

Auga Seca, unha serie de Portocabo e SP-i distribuida por DCD Rights

Creada por: Alfonso Blanco
Dirección: Toño López
Producción executiva: Alfonso Blanco (Portocabo), José Amaral (Sp-i)
Xénero: Crime, Drama
Episodios: 6
Duración: 50 minutos
Estrea: 17 de xaneiro de 2020 (RTP1), 7 de febreiro de 2020 (TVG), 1 de abril de 2020 (HBO)

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies