AGAPI organiza o vindeiro día 3 de outubro de 2023 entre as 10:30 e as 14:00 unhas xornadas de formación presenciais adicadas a poñer en común diferentes estratexias de posicionamento e marketing no mercado audiovisual nacional e internacional da man dalgunhas das voces mais relevantes do sector.
As xornadas dividiranse en tres relatorios: ‘Estratexias de marketing e xestión de redes sociais no mercado nacional’, impartida por Pilar Toro (directora de marketing e comunicación de FILMIN); ‘As posibilidades internacionais do cinema de animación’, cuxa relatora será Chelo Loureiro (produtora en Abano Producións) e ‘Como introducir e promocionar o teu proxecto audiovisual no mercado internacional e nos festivais: estratexias de venda’ da man de Rosa Bosch (consultora independente).
As xornadas levaranse a cabo no Consello da Cultura Galega (Pazo de Raxoi, Santiago de Compostela). Esta formación, de balde, precisará unha inscrición previa que se poderá realizar enviando un correo a prensa@agapi.gal co nome e apelidos antes do 02 de outubro.