AGAPI organiza os vindeiros días 11 e 18 de setembro de 2023 entre as 10:30 e as 12:00 unhas xornadas de formación adicadas a analizar diferentes aspectos da fiscalidade que atinxen ao noso sector.
Baixo o título: ‘Fiscalidade no Sector Audiovisual’ abordaranse cuestións como as Agrupacións de Interese Económico (AIE’s), os contratos de inversión ou os incentivos fiscais á produción. Contaremos con dous relatores cunha dilatada experiencia profesional: Fernando de Miguel, socio e director xeral de Wandermoon e Jordi Carbonell, socio e produtor en Sin Parpadear S.L. e colaborador en CineyTele.com.
O formato de realización destas xornadas vai ser en liña, a través da plataforma Zoom. Esta formación, de balde, precisará unha inscrición previa que se poderá realizar enviando un correo a prensa@agapi.gal co nome e apelidos antes do 10 de setembro.