Agapi organiza no marco do Festival de cine internacional de Ourense o I Encontro Estatal da Plataforma Audiovisual de Produtoras (PAP) dos días 25 a 27 de setembro. Ourense será o punto de encontro das Federacións e Asociacións que forman parte desta plataforma que se reunirá durante tres días para falar de cuestións tan importantes como os cambios na lexislación audiovisual, as relacións das empresas cos novos operadores de VOD ou os dereitos de IP.
A PAP está conformada por todas as Federación de produción audiovisual do Estado. Forman parte
- AECINE: Asociación estatal de Cine.
- DIBOOS: Federación estatal de Animación.
- MAPA: Federación territorial composta por 10 Asociacións de Produtoras Independentes de diferentes Comunidades Autónomas, entre as que se encontra AGAPI.
- PIAF: Federación de Asociacións de Produtoras Independentes composta por 5 asociacións de diferentes Comunidades Autónomas.
- PROA: Federación de Asociacións de Produtoras Estatales composta por 7 Asociacións sectoriales de produtoras.
- PROFILM: Asociación de Produtoras que ofrecen servizos a rodaxes internacionais en España.
Esta plataforma representa o 90% da produción independente española. Está composta por máis de 500 empresas de produción audiovisual e nace co obxectivo de buscar puntos de encontro en cuestións transversais relacionadas co marco lexislativo, os orzamentos ou o modelo e relación da industria audiovisual coas institucións públicas.