A TVG comeza a incluír subtítulos nos seus programas informativos

A TVG comeza a incluír subtítulos nos seus programas informativos

A TVG continúa a reforzar o seu labor como servizo público coa incorporación de subtítulos nos diversos programas informativos da canle. O espazo GALICIA NOTICIAS foi esta semana o primeiro en facer uso deste método, que se irá empregando paulatinamente noutros servizos informativos, como os Telexornais. Despois de varias probas durante os últimos dous anos, a Televisión de Galicia aproveita o sistema opcional que proporciona a tecnoloxía da TDT (Televisión Dixital Terrestre) para aumentar a oferta deste tipo de contidos co obxectivo de achegarse máis ao público con discapacidade auditiva.

Ata o de agora, a Televisión de Galicia xa ofrecía a posibilidade de acceder a estas lendas en diversos longametraxes e programas, tales como a serie de éxito “Libro de familia” e o espazo “Grandes Lugares”, así como os documentais da “National Geographic” e a serie “One Piece” do Xabarín Club, con tendencia a incrementar estes servizos. Os subtítulos pódense atopar utilizando a opción correspondente do menú TDT dos televisores, pero ademais cada programa subtitulado inclúe un aviso visual coa aparición en pantalla dunha icona durante uns segundos ao comezo da emisión. O obxectivo da Televisión de Galicia é continuar ampliando gradualmente a oferta de contidos con lendas. Desde 2010, a canle pública galega está inmersa no Plan de Acción Integral para as Persoas con Discapacidade de Galicia, onde entre os variados compromisos que se estiveron e están a desenvolver cómpre salientar o interese por adaptar os contidos televisivos ao sistema de subtitulado.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies