A Fundación SGAE, a iniciativa do Consello Territorial SGAE Galicia, anuncia a apertura de convocatoria dos seus laboratorios de creación para autores e autoras residentes en Galicia. O programa seleccionará a 2 creadores/as musicais con proxectos en desenvolvemento, 1 dramaturgo/a con traballo en fase de escritura avanzada e 2 guionistas ou directores/as con guións de ficción.
A Fundación SGAE designará a recoñecidos representantes dos sectores musical, escénico e audiovisual para dirixir os laboratorios. O seu labor será coordinar e orientar aos seleccionados nas súas respectivas categorías durante todo o proceso de creación. Na pasada edición, estes titores foron Iván Ferreiro (música), Esther Carrodeguas (dramaturxia) e Lida Fraga (guion).
Este ano serán, novamente, referentes de prestixio: Pablo Novoa (música) , José Luis Prieto (dramaturxia) e Alberto Guntín (guion). Os laboratorios combinarán unha semana de traballo intensivo presencial en Santiago de Compostela cunha serie posterior de encontros telemáticos e dúas sesións presenciais de conclusión. Ademais das titorías, ofreceranse clases maxistrais adicionais de expertos nestas disciplinas. Os encontros creativos da Fundación SGAE buscan puír, definir e concretar os proxectos presentados. Tamén fomentar a convivencia e intercambio de experiencias entre profesionais. Cada autor/autora recibirá unha bolsa de 1.500 euros e o pago dos gastos de derivados da actividade, cando fosen necesarios.
Calendario dos Laboratorios de Creación Galicia 2023
-Peche de convocatoria: 28 de xullo
-Anuncio de proxectos seleccionados: 19 de setembro
-Realización: a partir de outubro de 2023, en datas a convir
Podedes consultas as bases premendo aquí