A Escola de Imaxe e Son de Vigo (EISV) inaugurou onte a  XXVI Edición dos Premios de Fotografía Profesional  LUX na súa SALA  EXPO

A Escola de Imaxe e Son de Vigo (EISV) inaugurou onte a XXVI Edición dos Premios de Fotografía Profesional LUX na súa SALA EXPO

A inauguración da Exposición Fotográfica dos prestixiosos Premios LUX, ademais de con representantes da Escola de Imaxe e Son, contou en directo, con conexión desde Barcelona, coa participación de Eva Casado e José Ornia, Presidenta e Vicepresidente da Asociación de Fotógrafos Profesionais de España ( AFP) entidade organizadora deste evento referente da fotografía profesional en España.

No ano 1992, a Asociación de Fotógrafos Profesionais, decidiu crear os primeiros premios de fotografía profesional de ámbito estatal para recoñecer e promocionar aos mellores fotógrafos profesionais especializados en Publicidade, Arquitectura, Bodegón, Industrial, Moda e Retrato. Nacían os Premios LUX. Durante estas 26 edicións, os Premios LUX mostraron a evolución da fotografía de encarga que viu marcado o seu camiño pola creatividade e a capacidade de innovación dos fotógrafos, nun período de profundos cambios sociais e tecnolóxicos.

A Escola de Imaxe e Son de Vigo ( EISV) presentou nesta nova ocasión a mostra formada polas obras gañadoras dun LUX Ouro, Prata e Bronce nas dez categorías profesionais así como o Premio Junior da edición 2018 dos Premios LUX.

A Exposición terá lugar ata o 15 de marzo de 2020 en horario de 12:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 hrs. na SALA EXPO da EISV na primeira planta, aberta a todos os públicos previa acreditación na recepción do Centro por Normativa Legal Educativa.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies