A canle portuguesa RTP estreará a nova serie producida por Portocabo e SPi, ‘Auga Seca’, o 17 de xaneiro

A canle portuguesa RTP estreará a nova serie producida por Portocabo e SPi, ‘Auga Seca’, o 17 de xaneiro

Portocabo e SPi producen a serie ‘Auga Seca’ para RTP e TVG. A serie de seis episodios de 50 minutos defínese como un thriller policial ambientado no contexto das cidades de Vigo e Lisboa. A estrea na RTP1 será o vindeiro 17 de xaneiro.

A serie conta con un gran elenco formado por actrices e actores galegos e portugueses, entre os que se atopan nomes como Monti Castiñeiras , Sergio Pazos, Eva Fernández, Santi Romay, Pomba Saavedra, Cris Iglesias, Dani Trillo, Nacho Castaño, Tacho González, Manolo Cortés, Adrián Ríos, Rubén Riós, Vitoria Guerra, Adriano Luz, Joana Santos, Joao Arrais, Igor Regala, Joana Manuel, Marta Andrino entre outros.

‘Auga Seca’ conta a historia de Teresa, unha muller que toma a decisión máis arriscada da súa vida, decide infiltrarse nunha organización criminal coa intención de vingar a morte do seu irmán. Unha historia de vinganza cargada de xiros e sorpresas onde nada é o que semella.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies