A Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI) vén de facer públicos os
proxectos seleccionados para a II Edición do AGAPI IMPULSA COPROS, un programa
gratuíto de asesoría personalizada para mellorar e orientar no seu financiamento
proxectos de coprodución para cinema e televisión.
Este comité, formado por Amalia Mato (Recrea Films), Jaione Camborda (Esnatu Zinema)
e Xosé Lois Ledo (Nós, Produtora Cinematográfica Galega), profesionais de recoñecido
prestixio dentro do ámbito da produción executiva, seleccionaron un total de 5 proxectos
de creadoras e creadores emerxentes para que durante os meses de maio, xuño e xullo
de 2023 formen parte dun programa de mentorización progresiva, no que se tratarán
temas como orzamento, plan de financiamento, plan de rodaxe, dossier e pitching.
Os proxectos seleccionados foron ‘Anomaly’ de Ana Urquijo, ‘Shido’ de Ana Pico, ‘Ronsel’
de Anxo Soilán e Luis Morla, ‘Backside Ollie’ de Bárbara Fernández e Mariona Martí e
‘Régimen’ de Iris Justo e Bea Saiáns.
AGAPI IMPULSA COPROS conta co financiamento do Instituto de la Cinematografía y de
las Artes Audiovisuales (ICAA) do Ministerio de Cultura y Deporte, ao abeiro do Plan de
Recuperación, Transformación y Resiliencia.