‘Circo Nevada’, última longametraxe documental dirixida por Manuel Válcarcel e producida por Amanita Studio terá a súa estrea mundial no prestixioso Play-Doc International Film Festival

‘Circo Nevada’, última longametraxe documental dirixida por Manuel Válcarcel e producida por Amanita Studio terá a súa estrea mundial no prestixioso Play-Doc International Film Festival

O vindeiro  venres día 28 de abril as 21:30h terá lugar a estrea mundial da longametraxe documental ‘Circo Nevada’ producida por Amanita Studio, produtora galega responsable de filmes como ‘Os días Afogados’, ‘Idénticas’, ambas gañadoras do mestre mateo ao mellor documental, ou a coproducción ‘Lúa Vermella’ estreada na Berlinale. Dirixida por Manuel Valcárcel director do documental ”Tempo’ e operador de cámara para series de éxito nacional e internacional como ‘La Unidad’ ou, máis recentemente, a longametraxe ‘Life is Live’, ‘Circo Nevada’ participará na sección a competición Galicia dentro do prestixioso Play Doc International Film Festival en Tui que se celebrará entre os días 26 de abril e 01 de Maio.

‘Circo Nevada’, que conta coa participación de Deputación de Lugo e o Concello de Monforte, é unha longametraxe documental que xira en torno as vivencias dos integrantes do Circo Nevada durante o tempo que quedaron en Monforte de Lemos, Lugo, polas restriccións de movilidade acordadas durante o estado de alarma decretado polo Goberno Español durante a pandemia da COVID-19. O filme fala sobre as súas emocións, e as dificultades de enfrentarse a unha situación cada vez máis angustiosa, sen poder volver as súas casas e sen poder realizar actuación algunha. Pouco a pouco vaise creando un microcosmos, fiel reflexo da sociedade na que vivimos , onde as clases sociais separáronse máis e máis a medida que avanzou a pandemia. 

A estrea supón o pistolezado de saída a unha distribucción que terá un percorrido multiplataforma que levará a película a viaxar por diversos festivais de cinema, concellos galegos e salas de cine. En palabras do produtor do filme Iván Patiño “A estrea en Play Doc supón comezar da mellor maneira posible a distribución do filme. Play Doc é un dos mellores festivais de documentais que existen en España e competir na sección oficial da boa conta de que a película desperta un grande interese”

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies