Filmes da Ermida

Filmes da Ermida



Dirección: Parroquia Santa María de Son
27653 Navia de Suarna (Lugo}
Contacto:
Teléfono:
E-mail:
Web:

PROXECTOS:

?????? ?? ?????? foi creada en 2021 para producir ????̂?, longametraxe dirixida por Oliver Laxe e coproducida con El Deseo, Uri Films, Movistar+ e 4A4 Productions. A empresa nace coa vontade de impulsar proxectos cinematográficos de alto valor artístico e de alcance internacional, apostando por autores cunha ollada singular e por un cinema capaz de conectar con públicos diversos a través da emoción, a poesía e a reflexión.

• ??????????́? ?? ?????? ?? ?????? •

– ‘Sirat'(2025)
Dirixida por Oliver Laxe. Coprodución con El Deseo, Uri Films, Movistar+ e 4A4 Productions.
Estreada en Competición Oficial no Festival de Cannes 2025. Gañadora do Premio do Xurado.

• ????????????́? ??? ???? ?????????? ??????? ????? ?????????? •

Antes da creación de Filmes da Ermida, os seus fundadores estiveron implicados na produción dos seguintes proxectos audiovisuais:

– ‘Todos vós sodes capitáns’ (2010, Oliver Laxe) – Quinzaine des Réalisateurs, Cannes. Premio FIPRESCI.
– ‘O Quinto Evanxeo de Gaspar Hauser'(2013, Alberto García) – IFFR Rotterdam. Premio FIPRESCI.
– ‘O que arde’ (2019, Oliver Laxe) – Festival de Cannes, Premio do Xurado Un Certain Regard. Goya 2019, 4 nominacións e 2 premios.



CURRICULUM:

Produtora cinematográfica

Cada filme ten un xeito xenuíno de producirse, e é a película mesma a que o define. Con esta premisa foron realizadas todas as películas de Oliver Laxe, nas que o cineasta axudou a pensar un xeito diferente de producílas. Con esta intención nace Filmes da Ermida, coa vocación de poñer sempre o cinema no centro do cinema.

A produtora conta coa presenza de Xavi Font, un dos produtores de O que arde, quen pasou da composición de música de cinema á produción cinematográfica, producindo outras tres longametraxes dende entón, incluída Sica de Carla Subirana, estreada na Berlinale en 2023.