Empeza a rodaxe de “A morte nos teus ollos”, ópera prima de Guillermo de Oliveira, producida pola nosa asociada Sétima
Empeza a rodaxe de A morte nos teus ollos, ópera prima de Guillermo de Oliveira, producida pola nosa asociada Sétima xunto con Atresmedia e Sideral. Que se extenderá durante 6 semanas por distintas localizacións da provincia de Pontevedra.
Protagonizada por Pepe Lorente e Iván Marcos, a película é un relato de corrupción, de familia, de redención, de violencia e de culpa. Conta con guión de Guillermo de Oliveira xunto a Miguel Barros.

Guillermo de Oliveira é director da multipremiada curtametraxe Sauerdogs e do documental nominado ao Goya Desenterrando Sad Hill. Agora da o salto á longometraxe de ficción con A morte nos teus ollos, un thriller inspirado en feitos reais.
